
A estrea oficial desta Banda ocorreu a mediados de Agosto do ano 2005 Actualmente forman a Banda máis de 60 músicos, a gran maioría alumnos e alumnas da Escola de Música Municipal de Caldas A estructuración da B.M. de Caldas foi obra de Dona "Milagros Valiño Ferreiro" (Mila) que dende a súa creación é a Directora Titular da mesma A mediados do 2007, faise cargo da Dirección da Banda de Música D. "Daniel Portas González", e baixo a súa batuta e neste mesmo ano, a Banda participa por primeira vez no VII Certame de Bandas que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra, acadando o 2º Premio na categoría da Sección Terceira En Xullo do 2008 participou no Certame Internacional de Bandas de Música Cidade de Valencia, onde acadou unha Mención Especial No 2009 obtivo un 2º Premio no Certame Comarcal de B.M. de Valga. E en agosto deste mesmo ano participa no Festival de B. de Aranda de Douro, obtendo unha Mención Especial En outubro do 2009 participa no Certame de Bandas de Música organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra. En novembro deste mesmo ano participou no III Certame Galego de Bandas de Música, en Santiago de Compostela No ano 2010, participa no IV Certame Autonómico, na Sección Especial, obtendo o 2º Premio No 2024 acadou o "Primeiro Premio" na Sección segunda no "13 Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia" celebrado o Viernes 19 de julio 2024 no Palau da Música de Valencia Director: Javier Penido