Loading home…

A Orquestra Gaos nace como un proxecto para reunir o talento de novos músicos dos principais conservatorios de Galicia que non teñen fácil acceso á práctica orquestral continua No seu día, Andrés Gaos, o compositor coruñés cuxo nome queremos homenaxear incorporándoo ao do noso grupo, buscou na Arxentina as oportunidades que a súa terra, en momentos moito máis complicados da nosa historia, lle negou Despois de máis dunha década de actividade, seguimos traballando coa mesma enerxía e ilusión mentres abordamos novos proxectos para mostrar ao mundo a nosa cultura e do que somos capaces Director: Fernando Briones https://orquestagaos.es/ https://www.youtube.com/channel/UCqmG...